Debutou no mundo dos monólogos no Fórum Comedia 2004 que tivo lugar no Forum Celticum. (Joder, que mal se me da isto de falar de mín en terceira persoa como se fose César ou Aída).
Tenta contrarrestar a inexperiencia do advenedizo coa máxima versatilidade que é capaz. O seu estilo non e doado de definir e recoñecer si se pode dicir que o seu espectáculo procura aglutinar todas as que el considera as súas mellores virtudes: locuacidade, amplitude de rexistros e moi pouca vergoña; iso sí: sempre con relativa humildade, digo relativa porque el realmente considerase o mais verde dos monologuistas que coñece, pero tamén se considera o máis guapo e recomendable pra fuzar nas crianzas que o vaian ver, que non o fai máis que por elas e polos cartos.
Trata por tanto de mesturar distintos xeitos de narrar batallas, poesías pasadas de rosca e de marcada natureza catuliana, versións de cancións coñecidas que sabiamente destroza con letras igualmente carneiras e cunha execución canora como para executalo, imitacións, versións sui xéneris de esceas e situacións extraídas de películas ou do televexo... Porriba de todo o maior propósito deste fulano é achegar o humor do rural que el mama ás urbes. Isto é máis fastidiado do que parece. Por exemplo na Coruña tenden a entender mellor:"Neno, hazte un grelo o te doy unas jumas" que "lambeulle a maseira e puxoselle coma un fumeiro". Custa de carallo, pero esa é a súa guerra, e o que non admite discusión é que jurrón élle talmente coma o porco do cortello. Para que dispois as malas linguas digan que todo o fai polos cartos e polas menores.
Resumindo, defende o humor da aldea aderezado ate o empacho de outras tendencias, cantas máis mellor porque é bon estibador e todo cabe, incluso os novos estilos de vangarda procedentes da escola kandaharí (que ben quedei con esta sachada).
Traballa como locutor de radio aínda que é un director de BBV frustrado, a súa verdadeira vocación. Menos ver o Luar tivo todo tipo de traballos: na batea( o negocio familiar), nun camión carrexando latas de xoubas na barda, en Calvo, de pincha en varias discotecas... en fin: o propio de calquer licenciado en filoloxía inglesa( por certo, asegura voltar a preparar oposicións cando mexen as jaliñas).
A lo largo de estos años ha sido colaborador y trabajador en distintos programas de la Radio, Radio Galega y ha intervenido en otros de la TVG (O rei da comedia, As tardes con Ana, O Programón... Además de ser finalista en 2004 del concurso de monólogos del Forum Celticum.
O seu humor e monologos adaptanse a moito tipo de eventos diferentes.
Para contrataciones llamar al 678288284 o mandar mail a info@monologosgalicia.com