Dentro da programación do "III ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 2012" organizado pola Agrupación Teatral mariñán coa colaboración do Concello de Betanzos, ofreceremos este Obradoiro de formación GRATUITO para maiores de 16 anos.
O "OBRADOIRO DE RECURSOS CÓMICOS" terá lugar os sábados 4 e 11 de Febreiro de 2012, en horario de 16:30 a 19:30 horas.
Conta cun número límite de 20 prazas de carácter práctico, que exixen reserva previa. Se ben, para achegar a esta formación a tódolos interesados, calquera (sen límite de prazas) pode asistir como oínte.
O OBRADOIRO está destinado a xente inquieta por aprender dun xeito rápido e efectivo as normas básicas do xogo teatral orientado cara a busca dunha comicidade propia, de cara a desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena cun mesmo e co público.
Que pasa cando estou ante o público, como vencer o medo escénico e facelo favorable, como potenciar a miña presenza, como xogar a nosa voz e o noso corpo para crear un impacto no público e ir construindo un personaxe único e irrepetible de nós mesmos.
Viaxaremos a través do xogo teatral e a improvisación ao apaixoante mundo da busca da comicidade escénica, indagando na sensibilidade, a disponibilidade, o contacto co público, a fantasía, a inxenuidade, o fracaso e o éxito. E todo a través da máis potente ferramenta que
posuímos: nós mesmos, coa nosa enerxía, corpo e voz, e a nosa imaxinación.
CONTIDOS: xogo físico - xogo vocal - xogo dramático – presenza escénica - improvisación - clown - creación de personaxes
IMPARTIDO POR CARLOS SANTE:
CARLOS SANTE, Actor profesional en teatro, cine, dobraxe e televisión, pasou por compañías como San&saN, Ollomol-Tranvía, Matarile, Centro Dramático Galego, entre outras. Ven desenvolvendo e perfeccionando a súa actividade pedagóxica con grandes mestres e figuras do clown e a comedia física internacionais como Philippe Gaullier, Michel Dallarie, Pierre Byland, Joseph Collard, Nola Rae ou Carlo Colombaioni,
entre outros.
CÓMO RESERVAR UNHA DAS 20 PRAZAS PRÁCTICAS DISPOÑOBLES:
Enviando un mail co teu nome e apelidos, teléfono e relación co mundo do teatro (se existe) a: agrupacionteatralmarinan@gmail.com
A adxudicación de praza será por riguroso orde de reserva a través do mail.
Sábado, 4 de febrero de 2012 a la(s) 16:30 a la(s) Sábado, 11 de febrero de 2012 a la(s) 19:30